Zona Aberta anima o Nadal de Vilagarcía co sorteo de 3.000 euros

VILAGARCÍA> O Nadal en Vilagarcía vai polo aire da man de Zona Aberta. O colectivo de comerciantes instalou en pleno centro da cidade un globo aerostático para facer deste un Nadal moi vistoso.

A asociación de comerciantes e hostaleiros pon en xogo 3.000 euros en premios. En concreto sortearás tres vales de compra de 1.000 euros cada un para gastar nos establecementos asociados. Vanse sortear o 8 de xaneiro.

Ademais, Zona Aberta porá en marcha nestas datas outras propostas. O día 20, por exemplo, volverán traer á cidade os bonecos de Disney, que tan boa acollida tiveron en anos anteriores. O domingo 21, organizarán unha chocolatada na Aldea de Nadal na rúa Clara Campoamor.

O día 26 farán outra chocolatada, neste caso na praza de España e solidaria con Cáritas. Unha actividade na que convidan ao público a que se acheguen cun xoguete e a cambio recibirán chocolate con biscoito. O 4 de xaneiro, presentando un ticket de compra de calquera dos establecementos do último mes, os clientes poderán facer unha fotografía cos Paxes Reais.

Como é habitual, o Concello de Vilagarcía colabora con esta campaña de Nadal.