O GAEM de Ribeira conta con novo vehículo grazas ó Fondo de Compensación Ambiental

RIBEIRA> A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá Ribeira. O motivo da visita non era outro que coñecer de primeira man o destino que o Concello fixo dos Fondos de Compensación Ambiental. Parte desa achega foi destinada á adquisición dun novo vehículo para o Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal, o GAEM.

Precisamente parte desa achega do Fondo de Compensación ambiental foi destinado á adiqusición dun novo vehículo para o Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal,o GAEM. Trátase dunha furgoneta totalmente equipado para poder afrontar calquera emerxencia.

A directora xeral aproveitou tamén a visita a ribeira para anunciar unha nova achega da Xunta para o acondicionamento ea mellora da que será a futura base do grupo de emerxencias onde se investirán uns 40 mil euros, e que permitirá poder leberar a actual sede nos baixos do Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí