CAMBADOS> As mellores viñetas de Gogue e Davila estarán expostas en Cambados ata o 2 de setembro. A exposición recolle a nosa historia a través das ilustracións destes artistas. Está dispoñible na praza de Fefiñáns tanto de día coma de noite.
As ilustracións de Gogue e Davila saen do periódico e recorren as vilas galegas a través da exposición “Ilustrando, as historias do noso día a día”. Na súa novena parada, a mostra chega á praza de Fefiñáns en Cambados.
A exposición lévase a cabo grazas á colaboración do Faro de Vigo, o banco Sabadell, a deputación de Pontevedra e os diferentes concellos. Dende o Faro de Vigo destacan a mostra como unha maneira de coñecer a nosa historia a través do humor.
A mostra estará dispoñible ata o 2 de setembro tanto de día coma de noite.
Ante a boa acollida que está a ter, os organizadores sopesan a posibilidade de ampliar tanto os paneis como o tempo da exposición.