Siniestro Total e a Mala Rodríguez actuarán nas Festas do Albariño

CAMBADOS> O prato forte das Festas do Albariño son Siniestro Total e a Mala Rodríguez. O festexo estrea o recoñecemento de Interese Turístico Internacional do 31 de xullo ao 4 de agosto. Ademais nesta edición participarán 44 adegas con 42 casetas diferentes.

O concello de Cambados deu a coñecer a totalidade dos eventos que se levarán a cabo na LXVII  edición da festa do Albariño. Un festexo especial xa que este ano estrea o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional.

As festas comezarán o mércores 31 de xullo co pregón a cargo de Salvador Cores o Manso e rematarán o domingo 4 co espectáculo pirotécnico. Serán 5 días con diversas actividades como espectáculos para nenos, orquestras de mércores a sábado e diferentes concertos como o de Luz Casal e Cora Velasco. O prato forte será o sábado 3 coas actuación de Siniestro Total e Mala Rodríguez.

Ademais das actividades culturais e musicais non poden faltar aquelas relacionadas co protagonista das festas, o albariño. Nesta edición participarán 44 adegas das cinco subzonas da denominación de orixe Rías Baixas.

As casetas abrirán do día 1 ao 4 en horario de medio día ata as 3 da mañá. O sorteo dos stands terá lugar o martes 23 ás 7 da tarde. Ao igual co ano pasado repartiranse 36 mil catavinos pero, este ano, sen cordel.

Unha das novidades desta edición é que as cata celebraranse o xoves e o venres en lugar da fin de semana.

O Consello Regulador tamén organiza o túnel do viño. Nesta experiencia participarán  55 adegas con 156 marcas. Estará aberto do día 1 ao 4 en horario de 12 a 14:30 horas e de 19 a 21:30 horas, agás o sábado a tarde que estará pechado. O prezo é de 15 euros.

O domingo 4 no xantar popular que se celebrará no Pazo Torrado coñecerase ao viños gañadores desta edición e ademais entregarase unha folla de ouro ao escritor xaponés Takekazu Asaka. Ante a afluencia de visitantes o concello reforzará os servizos de limpeza, sanitarios e de seguridade. Todo estará a punto para gozar dunha festa de Interese Turístico Internacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí