Saen á venda as entradas para o concerto da Sinfónica de Galicia en Ribeira

RIBEIRA> Xa están á venda as entradas para o concerto que a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá en Ribeira o 7 de xuño. Os interesados en asistir tan só deberán aboar un prezo simbólico de 3 euros polos que gozarán dun repertorio de Mozart intepretado por máis de 50 músicos.

A orquestra Sinfónica de Galicia volverá a Ribeira despois da existosa actuación do pasado ano coa que se inauguraba por todo o alto o novo auditorio. O concerto será o 7 de xuño e cobrarase unha entrada simbólica de 3 euros.

Máis de 50 músicos pasarán polo escenario para ofrecer un repertorio de pezas de Mozart baixo a batuta de Roberto González Monjas.