BOIRO> AMICOS e Jealsa colaboran un ano máis na elaboración do aguinaldo para os empregados do grupo conserveiro. Os usuarios da fábrica social son os encargados de montar as caixas de conservas que reciben os empregados do grupo empresarial.
Dende hai xa hai sete anos, o Grupo Jealsa ven apostando pola responsabilidade social e a integración na elaboración dos seus agasallos de Nadal. Son os usuarios de AMICOS, a través da súa fábrica social, os encargados de elaborar e montar as caixas que entregan ós empregados da conserveira como aguinaldo.
Nestes últimos días os usuarios de AMICOS traballaron a reo para ter listas as 4500 caixas que montaron en tan só dez días.
Como mostra de agradecemento, a responsable de Relacións Institucionais de Jealsa fíxolles entrega das caixas que conteñen unha selección de conservas a cada unha das persoas que colaboraron na súa elaboración e montaxe.