POBRA> Ó xa tradicional concurso de embelecemento de fachadas, sumarase este ano outra iniciativa que pretende implicar ó sector servizos e á hostalería.
O concello da Pobra vén de convocar un concurso de decoración de Nadal dirixido a tódolos establecementos comerciais e hostaleiros do termo municipal que dispoñan de escaparates, fachadas ou espazos visibles dende a vía pública.
Os interesados en participar poden formalizar a inscrición ata o 25 de novembro a través do enderezo promocioneconomicapobra@gmail.com.
A decoración deberá estar visible entre o 29 de novembro e o 6 de xaneiro.
Un xurado experto será encargado de valorar as distintas propostas tendo en conta criterios como a orixinalidade, a estética e harmonía do conxunto.
Entregaranse dous premios por categoría de mil euros para o primeiro clasificado e 500 para o segundo.











