BOIRO> Boiro acollerá esta fin de semana unha nova edición da concentración ‘Boiro Motos’. O programa de actividades que se desenvolverán de venres a domingo inclúe exhibicións, rutas, concursos, música e degustacións gastronómicas.
O venres ás seis da tarde darán comezo as actividades coas exhibicións de enduro a cargo de varios pilotos da comarca. O sábado aqueles que se acheguen ata Boiro poderán visitar a exposición de coches e motos clásicas na praza da Boqueira de Anegral. E no parque da Cachada desenvolveranse cursos de seguridade viaira para os nenos.
Tanto dende o concello como dende a organización animaron a tódolos veciños a participar nos distintos actos enmarcados na concentración sen necesidade de ser sequera afeccionados ó motor.
Tódalas actividades serán de balde agás as ceas e comidas para inscritos que se servirán no recinto da concentración a cargo do catéring Arelas.