GALICIA> Marta Villaverde xa é a nova conselleira do Mar. A ata o de agora directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta substitúe no cargo a Alfonso Villares. Tanto a nova conselleira como o presidente da Xunta desexáronlle ao exconselleiro que se faga xustiza ‘canto antes’ para poder recuperalo para a vida pública. Alfonso Rueda, por certo, desvelou hoxe que era coñecer da denuncia de agresión sexual contra o exconselleiro dende o pasado mes de febreiro.
A nova conselleira do Mar tomou posesión do seu cargo esta mañá en Santiago. Marta Villaverde era ata o momento directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Asume o cargo que este mércores abandonaba Alfonso Villares, que presentaba a súa dimisión por estar investigado por unha suposta agresión sexual. A nova conselleira trasladáballe o seu apoio explícito ao seu antecesor.
Tamén palabras e xestos de apoio do presidente da Xunta. Alfonso Rueda dáballe unha aperta ao exconselleiro no acto de toma de posesión da nova responsable de Mar. O presidente amosáballe a Villares o seu agradecemento polos servizos prestados ao tempo que pedía que se gafa xustiza.
Logo da toma de posesión á que asistiu todo o goberno galego e tamén o esconselleiro Villares, Rueda recoñecía publicamente que el xa coñecía dende o mes de febreiro a existencia desa denuncia contra o agora exconselleiro.
E xustifica que a dimisión se teña producido agora porque foi nesta semana cando houbo o primeiro pronunciamento xudicial.