Restablecido o tráfico no Paseo da Ribeira

RIANXO> Despois de varias semanas pechada, unha medida que mesmo levantou un gran malestar entre o empresariado da vila, a circulación no Paseo da Ribeira, na zona da T, quedou restablecida.

A empresa que executa as obras de renovación da rede de saneamento municipal e da EDAR, rematou coas comprobacións que se realizaban nesa zona. Será algo temporal, e despois do veránn deberán retomarse novamente os traballos, o que conlevará a un novo peche ó tráfico da estrada, que ademais se prolongará por varios meses.

Dende o Concello, en contacto directo coa Xunta e tamén coa empresa concesionaria das obras, estanse a buscar posibles alternativas para que as molestias ocasionadas sexan as mínimas unha vez remate o período estival e sexa necesario pechar de novo a circulación nesa zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí