A andaina de Agadea encheu de verde as rúas de Ribeira

RIBEIRA> Un total de 250 participantes. O total das prazas dispoñibles. Un dato que evidencia o éxito da convocatoria.

A andaina organizada  pola Asociación galega de Axuda ós Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer, Agadea, encheu de verde as rúas da capital barbanzá, cumprindo así o obxectivo da entidade, que non era outro que  sensibilizar sobre esta doenza.

A marcha partiu do parque García Bayón.

O encargado de dar a saída foi o divulgador e influencer sonense Rogelio Santos, que estivo acompañado pola presidenta de Agadea, Isabel Gey, e a edil de Servizos Sociais, Ana Barreiro.

Non faltou tampouco o photocall realizado polos propios usuarios do centro de día da localidade, na que tódolos participantes posaron antes de emprender o percorrido.

A andaina, foi deseñada pola  asociación Arousa Neo, que realizou un trazado sinxelo, para que tódolos participantes puideran completala sen dificultade.