Patrimonio autoriza a rehabilitación do Pazo do Martelo

RIANXO> A Dirección Xeral de Patrimonio vén de autorizar a rehabilitación do Pazo do Martelo en Rianxo. Esta actuación suporá un investimento de 2 millóns de euros e permitirá acabar coas graves deficiencias que presenta o inmoble.

Luz verde á rehabilitación do Pazo do Martelo despois de que a Dirección Xeral de Patrimonio autorizase ó concello de Rianxo a acometer a reforma deste inmoble que presenta un avanzado estad o de deterioro.

O proxecto suporá un investimento próximo ós dous millóns de euros dos que case a metade serán financiados polo Plan de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O resto será asumido polo concello mediante unha operación de crédito

O inmoble, que actualmente alberga a biblioteca municipal, presenta importantes deficiencias relativas principalmente ás filtracións e humidades. A rehabilitación contempla varias actuacións en materia de accesibilidade, a substitución da cuberta e da fachada,  así como a eliminación da galería que non formaba parte do edificio orixinalmente.

O inmoble data do século XVIII e está declarado Ben de Interese Cultural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí