A primeira poxa da tempada deixa na lonxa do Grove unha facturación superior aos 78.000 euros

O GROVE> Comezou con moi bo pé a campaña da centola no Grove. Na primeira poxa da tempada vendéronse máis de catro toneladas deste crustáceo, que deixaron na lonxa meca unha facturación superior aos 78.000 euros. Aínda que o prezo máximo baixou lixeiramente ata os 31 euros o quilo, o prezo medio subiu e sitúase preto dos 19 euros, deixando moi boas sensacións entre o sector.

A primeira poxa da campaña, como sempre, xerou unha gran expectación na lonxa do Grove. Vendéronse máis de catro toneladas do considerado como marisco rei da vila. En concreto, 4188 quilos, fronte os 4.239 do ano pasado. Cantidade, así e todo, moi por riba dos menos de 3.000 de 2024. Nesta ocasión, na lonxa deixou unha facturación por riba dos 78.000 euros.

As primeiras pezas conseguiron acadar un prezo máximo de 31 euros, cantidade inferior ao ano pasado, cando superara os 34. O prezo medio subiu e sitúase preto dos 19 euros.Igual que en 2025, Mariscos Lukas fíxose co primeiro lote da campaña.

O alcalde do Grove, que tamén asistiu á poxa destaca a importancia desta actividade económica para o municipio. Reivindica unha marca propia para a centola do municipio.

Na primeira xornada, ademais, descargáronse pouco máis de 1.000 quilos na lonxa de Cambados e uns 200 na de Portonovo.