Localizan o cadáver do vilagarcián desaparecido no Grove

O GROVE> Localizado o corpo sen vida do mergullador vilagarcián desaparecido no Grove. O seu cadáver foi localizado esta mañá por mergulladores da Garda Civil. Estaba enganchado a algo nunha zona de rochas, preto do Carreiro,  onde foi visto por última vez. O coche da vítima permanecía aparcado nesa zona dende o pasado luns, pero ninguén denunciou a súa desaparición.

Foron os efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil os que localizaron esta mañá o corpo do mergullador vilagarcián que desaparecerá na costa do Grove. O corpo estaba somerxido, preto da zona onde fora visto por última vez.

Foi, precisamente, o luns cando o varón foi visto por última vez. Adoitaba achegarse ata esta zona do Carreiro, en San Vicente, para practicar submarismo. O seu vehículo permanecía dende aquela estacionado no mesmo sitio. Foi un veciño da zona o que onte ao obseva-la situación, deu a voz de alarma.

Segundo relata a Garda Civil, o rescate do corpo non foi doado, malia as boas condicións do mar. Estaba enganchado a algo, o que dificultou os traballos.

A vítima era veciño de Vilagarcía. Tiña 44 anos. Ninguén denunciou a súa desaparición. En canto ás causas da súa morte, a principal hipótese é que puido ter sufrido unha indisposición. Con todo, non se descarta ningunha outra opción ata que se lle practique a autopsia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí