O Grove prepárase para unha Semana Santa con turistas únicamente de Galicia

O GROVE>  O Grove prepárase para unha Semana Santa con turistas galegos. Dende o goberno local piden prudencia á poboación para que nas vindeiras datas festivas non aumenten os contaxios e obriguen a aumentar as medidas. A vila rexistran o cuarto día consecutivo sen ningún positivo.

A situación sanitaria invita á esperanza no Concello do Grove. A vila rexistrou hoxe o seu cuarto día consecutivo sen ningún positivo. Unha evolución moi favorable tras atoparse entre os 11 municipios galegos con máis incidencia acumulada a finais do ano pasado.

A boa situación sanitaria tanto do Grove como da comunidade invita ao goberno local a pensar na Semana Santa.

Se a situación continúa favorable, dende o goberno local invitan aos visitantes de toda Galicia a achegarse ao Grove, pero piden aos turistas de fora da comunidade que respecten as normas.

Ademais do concello, tamén os establecementos hostaleiros se preparan para volver traballar con certa normalidade.

Dende o goberno local recalcaron a importancia da responsabilidade individual. O alcalde confía en que a veciñanza non baixe a garda nas vindeiras datas e poder manter estas medidas  durante o verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí