O BNG mobilizarase en contra da celebración do ‘III Foro La Toja’

O GROVE> O BNG mobilizarase en contra do foro da Toxa. Dende a formación denuncia que o evento está encabezado por políticos e empresarios aos que culpan da crise económica e do abuso das facturas de electricidade. Tamén denuncian que o foro incumpre a lei normalización lingüista e falta ao respecto a Galicia.

O vindeiro mércores 29 comezará na Illa da Toxa o III foro da Toxa. Un evento no que participarán políticos e empresarios de gran relevancia no país. O foro preséntase como un evento académico e de debate para compartir experiencias. Pero dende o BNG mostran a súa desconformidade coa celebración deste foro.

O BNG tamén critica a escasa participación das mulleres no foro e denuncia que a denominación de foro de la Toja en lugar de foro da Toxa incumpre coa lei de normalización lingüística e falta ao respecto a Galicia.

Por estes motivos o BNG comezará a mobilizarse en contra da realización deste foro e o fará en dous eixos de acción: no parlamento, esixíndolle á Xunta a que inste aos organizadores a que respecten o idioma, e nas rúas, con manifestacións.

O evento terá lugar do 29 de setembro ao 1 de outubro. Para as mobilizacións sociais, o BNG traballa con outras organizacións para establecer as diferentes actuación a levar a cabo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí