As ‘Mulleres creativas’ reconquistan O Grove poñendo o foco no sector audiovisual

O GROVE>  O sector audiovisual será o eixo condutor de ‘Mulleres creativas’,  unha iniciativa impulsada por Grovemakers. Despois de dous anos de pandemia, este colectivo meco retoma este proxecto, cunha programación moi ambiciosa. Margarita Ledo e Sonia Méndez son só dous dos nomes propios que pasarán nesta fin de semana polo auditorio meco para falar do presente e futuro dun sector de moito peso en Galicia.

O colectivo Grovemakers leva tempo amosando na rúa o traballo e talento dos creadores e cradoras do concello do Grove. Con todo, os obxectivos desta asociación non se limitan a deseñar e comercializa-los seus propios produtos. Froito desa vontade de ir un paso máis alá, impulsan o evento ‘Mulleres creativas’. Unha cita que, logo de dous anos de parón, regresa cunha ambiciosa segunda edición.

Trala edición do 2019, Grovemakers lanza a segunda entrega das ‘Mulleres creativas’. Vaise celebrar esta vindeira fin de semana no novo auditorio meco. Estará centrada no sector audiovisual galego. Para atopar respostas, polo evento pasarán algunhas das principais referencias do sector en Galicia, como Margarida Ledo ou Sonia Méndez, que falarán dos seus documentais “Nación” e “A poeta analfabeta”.

As xornadas tampouco perderán de vista o talento local que tamén demostra o seu bo facer no audiovisual.

Pero a presenza meca non remata aquí. Patri e Veva, as colareiras máis famosas do TikTok tamén participarán nas xornadas, procurando capta-la atención do público máis mozo. A cita, este sábado e domingo no Grove.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí