A POBRA> Preocupación na Pobra do Caramiñal polo aumento de casos activos. A última actualización cifra en 31 os novos positivos. A aparición de varios gromos sitúa a incidencia acumulada moi por riba dos 300 por cen mil habitantes.
Despois de máis dun mes sen diagnosticar novos casos activos, a situación na Pobra do Caramiñal é hoxe preocupante, ó detectarse varios gromos que sitúan o número de casos activos por riba da trintena, cunha incidencia acumulada por riba dos 300 por cen mil habitantes. Esta situación, e as dificultades nun primeiro momento, por determinar a cadea de contaxios, obrigou ó Sergas a realizar esta pasada fin de semana un cribado poboacional a preto de sete mil veciños de idades comprendidas entre os 25 e os 65 anos. Unhas probas que terán continuidade ata o mércores.
A pé de rúa a situación tamén preocupa…
O Concello xa está a tomar medidas para frear a transmisión do virus.
Pero estas restricións non serán as únicas, o Concello xa puxo en marcha o teletraballo do persoal municipal evitando na medida do posible a atención presencial.
Dende o Concello confían en que estas medidas poidan frear o máis axiña posible este incremento no número de casos, apelando tamén á responsabilidade de cada un.