VILAGARCIA> O sector do metal convoca tres xornadas folga para os día 15, 20 e 22 de xuño. Os sindicatos toman esta decisión ante as continuas negativas da patronal para negociar un novo convenio do metal. Entre as esixencias dos sindicatos están as subidas dos salarios acordes ao IPC e a redución da xornada laboral anual.
Despois de nove reunións entre sindicatos e patronal para negociar un novo convenio do metal, as centrais sindicais din basta. Cig, CCOO e UXT consideran que as empresas están burlándose dos traballadores coas súas propostas á baixa.
As centrais sindicais reduciron as súas propostas a sete puntos, un deles é o aumento dos salarios segundo o IPC.
Outra das súas peticións é a redución da xornada laboral anual.
Ante todas as negativas ou propostas á baixa, os sindicatos convocan tres xornadas de folga.
Esta convocatoria afectará a un total de 3500 traballadores do sector nas comarcas do Salnés e de Caldas.