O I Trofeo de Orientación de Ribeira celebrarase o próximo sábado en San Alberto e Corrubedo

RIBEIRA> Ribeira estrearase o próximo sábado nas carreiras de orientación. Farao cun trofeo que se desenvolverá no monte de San Alberto e en Corrubedo. As dúas probas contan cun total de 450 inscritos.

Por primeira vez, Ribeira acollerá unha proba de orientación. Será este sábado cunha carreira no monte de San Alberto pola mañá e na parroquia de Corrubedo pola tarde.

Ademais do concello, organizan este primeiro campionato a sección de orientación da USC,a  asociación de veciños de Carreira e asociación deportiva e cultural Arnela que levan anos promovendo a orientación que conta cada vez con máis afeccionados na comarca.

A organización destas probas supuxo meses de traballo sobre o terreo para o deseño dos mapas.

Os máis de 400 inscritos, principalmente corredores de toda Galicia e o norte de Portugal, deberán poñer a proba non só a súa capacidade física senón outras habilidades técnicas e intelectuais para completar  os percorridos.