Rafael Louzán Abal con opcións de ser elixido Pte. da Federación Española de Fútbol

O SALNÉS>  Segundo fontes próximas, Rafael Louzán presidente da Real Federación Galega de Fútbol dende 2014, presentou a súa candidatura co extremeño Sergio Merchán e acadando máis de oitenta apoios dun total de 120 posibles. Por outra banda, Salvador Gomar, presidente da Federación da Comunitat Valenciana de fútbol, presentou 26 avais.

Louzán ten vía libre para presentarse á presidencia da Federación Española de Fútbol, tras a comunicación da admisión a trámite dun recurso de casación do tribunal supremo, feita pública o pasado venres día 29 de novembro. Louzán conta co apoio da gran maioría de federacións territoriais que son as organizacións que máis vogais teñen na Federación Española, pero co goberno central á contra, a súa candidatura podería chegar a naufragar por inxerencias políticas, denuncia do TAD, ou mesmo do Consejo Superior de Deportes. E todo iso a espera de que o 5 de febreiro o Tribunal Superior de Xustiza se pronuncie sobre a súa posible inhabilitación. De darse o caso, entraría en escena Sergio Merchán, pois o extremeño contaría co apoio da maioría da asamblea federativa.