Os comercios da Pobra repartirán 20.000 euros en agasallos directos durante o Nadal

A POBRA> A Pobra porá en marcha unha ambiciosa campaña de Nadal con preto de vinte mil euros en premios. A iniciativa, impulsada polo concello conta coa colaboración da asociación de empresarios, a asociación do Pequeno Comercio Deán e a asociación de profesionais da praza de abastos.

As tres entidades empresariais da Pobra uniron forzas para poñer en marcha a campaña ‘Raña e Gaña’ Repartiranse máis de 70.000 tarxetas nun total de 71 establecementos participantes. a campaña bota a andar mañá menos e desenvolveranse ata o 6 de xaneiro. Os clientes optarán a seiscentos agasallos directos por importe total de 20000 euros.

Ademais de incentivar as compras no comercio local, tan afectado pola crise da covid, esta campaña presente establecer unha rede entre os establecementos participantes así como das numerosas empresas colaboradoras.

Ademais de establecementos comercias de tódolos sectores participan nesta campaña as empresas  Congalsa, Rianxeira/Escurís, Camping Ría de Arosa, Conservas Ortiz, Conservas Ramón Franco e DS Smith Cartogal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí