Galicia e Reino Unido exploran novas vías de negocio no eido da náutica

BOIRO> A recente visita do presidente de Portos de Galicia ó Reino Unido comeza a dar os seus froitos. A  presidenta da Royal Yacht Association visitou as instalacións do Náutico de Cabo de Cruz. A intención da entidade, que agluitina a cento cincuenta mil socios de máis de sesenta países, é abrir vías de colaboración co náutico crucense. Aproveitando a visita, procedeuse ó izado da bandeira azul e da bandeira Q de calidade nas instalacións da Marina de Cabo de Cruz que, un ano máis, renova distintivos. Precisamente nesta aposta pola máxima excelencia, a Xunta de Galicia traballa xa na implantación dun novo distintivo de calidade na nosa comunidade: a gold anchor, un valor engadido para os visitantes de fala inglesa.