A POBRA> Veciños Independentes da Pobra presentou esta fin de semana ós integrantes da súa candidatura nun acto no que tamén deron a coñecer as principais liñas do programa electoral. Trátase da primeira vez que o partido, liderado por Eloy Sobrido, concorre ás eleccións e faino con moitas ganas e grandes expectativas.
Veciños Independentes da Pobra aspira a entrar na corporación municipal. Faino cunha lista integrada principalmente por xente nova con ganas de traballar para dar un cambio de rumbo á política municipal.
Xunto con Eloy Sobrido, integran os primeiros postos da candidatura, Miriam García, Jessica Mariño, José Rios e Francisco Damián Vázquez. O seu obxectivo é axudar a mellorar a calidade dos veciños dende un partido independente sen ataduras nin cores políticas.
Ademais de presentar ós membros do equipo, VIP dou a coñecer as principais liñas do seu programa a través de 53 propostas.