POBRA> O concello da Pobra e a asociación ABAS poñen en marcha un programa de dinamización para a terceira idade. A primeira das actividades ofertadas será un curso de ximnasia de mantemento que dará comezo en marzo no centro sociocultural do Maño.
O centro sociocultural do Maño acollerá un curso de ximnasia de mantemento para maiores. Será a primeira actividade que se desenvolverá neste centro e a intención de ABAS, entidade organizadora, é estendela ó resto das parroquias do municipio.
Está previsto que as clases comecen en marzo. Serán os martes e xoves de catro e media a cinco e media. A actividade é de balde así que os interesados tan só teñen que inscribirse previamente poñéndose en contacto co concello ou con ABAS.