O centro sociocultural da Ribeiriña contará cun xardín veciñal

A POBRA> O centro sociocultural da Ribeiriña contará cun xardín veciñal. A iniciativa, promovida pola concellería de Participación Veciñal da Pobra en colaboración coa asociación de veciños, busca crear un espazo comunitario e respectuoso co medio ambiente.

A reforma do centro sociocultural da Ribeiriña rematada a finais do ano pasado verase complementada coa rexeneración da contorna do edificio cun xardín veciñal.

A iniciativa, impulsada pola Concellería de Participación Veciñal e a asociación de Veciños da Ribeiriña-Conchido, conta co apoio das entidades Agrofloresta Viva e Senda Verde, especializadas en permacultura para o deseño de espazos sostibles e respectuosos co medio ambiente.

A fase de implantación desenvolverase nos días 20 de abril e 4 e 5 de maio. A programación inclúe unha introdución á xardinaría rexenerativa e o deseño e creación do xardín veciñal así como outros coñecementos complementarios. Tamén haberá mantemento durante todo o ano. Os interesados en participar poden inscribirse no enderezo electrónico participacionvecinhal@gmail.com.