Chegan a Lousame dúas voluntarias dende Rusia e Ucrania

LOUSAME> Chámanse Iulia e Oksana, e veñen dende Ucrania e Rusia. O concello de Lousame acólleas dende o pasado vinte e tres de xullo dentro do programa ‘Voluntariado no rural: participación e promoción’. Un programa de nove meses no que as dúas mozas europeas participarán en actividades de voluntariado de tipo cultural e deportivo, en colaboración co departamento de Servicios Socias do concello. Así o explicou a concelleira de Xuventude lousamiá, quen quixo agradecer a colaboración das organizacións implicadas. Despois da boa experiencia en anos anteriores, o concello de Lousame quixo volver a repetir con este proxecto, aumentando a estadía das mozas de seis a nove meses. Unha experiencia que é posible grazas a colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Durante a presentación a concelleira de Xuventude tamén quixo animar á mocidade do concello a participar neste proxecto. Pois explicou que Lousame está inscrito como concello de envío e recepción, para promover a mobilidade dos rapace da vila por Europa. As mozas chegaron a Galicia o pasado vinte e tres de xullo e aínda lles costa atreverse co galego.