A ILLA> Vázquez Almuíña estivo este luns na Illa de Arousa, onde coñeceu de primeira man o Plan de Reforma do Centro de Saúde. Tal e como sinalou o conselleiro de Sanidade, estas obras serán posibles polo acordo acadado en Sanidade e o concello da Illa de Arousa para favorecer a accesibilidade e funcionalidade do mesmo. O centro de saúde da Illa de Arousa contará cunhas instalacións renovadas. Así o afirmou o titular de Sanidade da Xunta de Galicia este luns, quen ademais admitiu que espera que para finais de 2018 a Illa teña o seu novo centro de saúde. As novas instalacións contarán con 532 metros cadrados útiles cos que se dotará ao novo espazo con un acceso independente e anexionar a cafetería que para poder ampliar as instalacións, instalaranse novas escaleiras e un ascensor. Haberá cambios na distribución dos espazos e melloraranse aspectos como: a carpintería ou a iluminación. O alcalde da Illa mostrouse satisfeito con esta ampliación da instalación pública, aínda que manifestou que non é a situación óptima. Esta reforma terá un custe duns 412.946 euros. Unha mellora que será posible grazas ao acordo acadado entre Sanidade e o consistorio insular, polo cal se comprometeron a mellorar a funcionalidade e accesibilidade do mesmo.
Inicio Salnés - Caldas










