Presentan a páxina web do proxecto do Campo de Golf

    campogolf copia100.jpgO GROVE> O obxectivo é demostrar a viabilidade do proxecto, aínda que polo de momento non conta co informe de impacto medioambiental.

    {flowplayer}images/salnes/WEB_GOLF_GROVE.flv{/flowplayer}

    Diferentes autoridades do mundo da política, profesionais do deporte, empresarios, comerciantes e hostaleiros de O Grove asistiron á presentación para apoiar o proxecto para a creación dun campo de golf. O seu promotor, Rafael Sánchez-Díez, confesou que xa dispoñen dos terreos e que se trata dun proxecto que mantén o equilibrio entre a actividade económica e a protección do entorno.

    Por iso, ó pertencer á Rede Natura, o proxecto precisa dun informe de impacto medioambiental que terá que ditaminar a Xunta. Documento imprescindible, por tanto, para seguir adiante. Ademais, o promotor destacou que non van precisar diñeiro da administración para a construción. A través da páxina web, os interesados poderán pre-inscribirse como abonado. Isto vai ter un dobre obxectivo.

    Pola súa banda, o Vicepresidente da Comunidade de Montes de San Vicente, localidade onde se van ubicalas instalacións, mostrou toda a súa disposición a colaborar con este proxecto que aportará, segundo as súas palabras, riqueza ó municipio.

    Poden atopar toda a información sobre o proxecto na páxina web: www.ogrovegolf.com.

    Redacción Salnés