Veciños da rúa Celos Emilio protestan polo estretamento das estradas pola construcións das ciclovias

VILAGARCIA> Malestar entre os veciños da rúa Celso Emilio polas obras de construción das ciclovías de Vilagarcía. Os residentes sinalan que o estreitamento da estrada xerará problemas para a circulación de vehículos. Dende concello explican que as ciclovías non afectarán ao tráfico rodado.

Os veciños da rúa Celos Emilio Ferreiro de Vilagarcía mostran o seu malestar polas obras de construción das ciclovías. O concello aposta por un modelo de cidade sostible e accesible onde os peóns teñan o protagonismo. Pero para a veciñanza, o estreitamento das estradas provocará problemas na circulación do tráfico.

A veciñanza pide que se reduza o tamaño da beirarrúa e non da estrada debido a alta afluencia de tráfico pola zona.

Outra das súas peticións, é que se cubra as beirarrúas coa mesma pedra que nos tramos anteriores.

Dende o concello sinalan que as ciclovías non afectarán ao tráfico de vehículos. Para elo tamén eliminarán as prazas de aparcamento máis próximas á zona xerando así unha vía máis segura e accesible para vehículos, ciclistas e peóns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí