Os premios de xornalismo de Caixanova chegan a súa 28ª edición

    premios_120607__100.jpgVILAGARCÍA > Durante case tres decenios a entidade financiera Caixanova ven premiando o talento…

    …de articulistas tanto en lingua galega como en lingua castelá. Rosa Aneiros acadou o Premio Fernández del Riego e Felipe Benítez fixo o propio có premio Julio Camba. 66 traballos concorreron a estes galardóns, a meirande parte deles en castelán. Cada un destes premio está dotado con 12.000 euros.

    Ano tras ano os premios Caixanova van crecendo en prestixio en recoñecemento. Estes galardóns de xornalismo teñen duás categorías. A primeira e máis antiga cumpre nesta edición 28 anos. Trátase do Premio Julio Camba que recolle artículos escritos en castelán. Nesta ocasión o elixido foi o gaditano Felipe Benítez pola súa obra “El tiempo y el paraíso” publicado no diario “El Pais” o 7 de mai de 2006- O premio Francisco Fernández del Riego, reservado para os artículos escritos en galego, cumpre nesta edición catro anos. “A última vaca”, da periodista e escritora galega, Rosa Aneiros, foi o traballo recoñecido polo xurado nesta ocasión.

    No entrega dos premios estiveron presentes o alcalde en funcións de Pontevedra, Miguel Ángel Fernández Lores e o presidente da Deputación, Rafael Louzán. Xornalismo e litaratura teñén nestes premios un lugar común para dar a coñecer ás obras máis destacadas deste xénero.

    Redacción Salnés