O SALNÉS> A incidencia da gripe na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés vai baixando. Logo de varias semanas cunha forte presión asistencial tanto nas urxencias como en hospitalicación, o virus semella que comeza a perder forza. Na área de Santiago e O Barbanza, a presión asistencial por doenzas respiratorias tamén se reduce, o que non impide a saturación das urxencias. Nas últimas horas, doentes afectados fixeron público un vídeo no que denuncian o colapso das urxencias no CHUS, con ata “26 enferoms graves” agardando nos corredores.
A gripe comeza a ir a menos en toda Galicia. Logo de varias semanas cunha forte presión asistencial tanto en urxencias como en hospitalización a incidencia deste virus comeza a retroceder.
O pico da gripe agardábase para estas primerias semanas de xaneiro, pero o Sergas xa traballaba coa previsión de que se adiantase, como así acabou acontecendo, rexistrándose o peor a finais de ano.
Un virus que aínda que vai a menos, aínda colea, deixando tamén a súa incidencia nas urxencias. Con todo, di o Conselleiro, en hospitais como o do Salnés a situación está máis que controlada.
A incidencia da gripe tamén vai a menos na nosa outra área sanitaria, na de Santiago e O Barbanza, o que non impide que as urxencias sigan a saturarse. Nas últimas horas, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS fixo público un vídeo no que denuncia o colpaso das urxencias con “26 enfermos graves” agardando nos corredores. O conselleiro rexeita falar de colapso.
E engade que ás veces se demora o acceso dos doentes a planta porque buscan levalos á planta máis axeitada, o que xara -di- algún retraso.