Clausura do curso sobre diversidade cultural para monitores

    Sanxenxo clausurou esta mañá o curso para monitores e mestres sobre diversidade cultural. Un total de 27 xóvenes de tódala comarca coñeceron durante unha semana o problema da inmigración así como a regulación existente nesta materia. Nos vindeiros días os alumnos amosaran o aprendido en diferentes colexios e institutos. O obxectivo fundamental do curso sobre diversidade cultural que se desenvolveu esta semana no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo foi coñecer a inmigración en España en tódalas súas facetas. Deste xeito monitores e mestres achegabanse a unha realidade coa que se toparan cada vez máis a miúdo. As clases desenvolveron a lei vixente sobre extranxería e os problemas máis habituais de integración nos cativos. Ademáis coñeceron experiencias novas sobre este tema que se están desenvolvendo en algúns centros de ensinanza da comarca. O curso está dentro das actividades formativas da área de xuventude do concello. Esta primeira experiencia foi todo un éxito, ainda que só puderon asistir 27 persoas, había máis de cincuenta en lista de espera. Á vista do éxito obtido, o concello repetirá o curso no vindeiro ano. Todolos interesados en asistir deberán achegarse ata a oficina de xuventude e cubrir a solicitude pertinente.