A taparía Pé de Cuba de Vilanova sufre un roubo de 2 mil euros en metálico e máis de 10 mil en danos

VILANOVA> Rexístrase un roubo nocturno nun establecemento hostaleiro de Vilanova de Arousa. Os ladróns romperon unha fiestra e forzaron unha porta para acceder ao interior do Pé de Cuba. Os cacos fixéronse con preto de 2 mil euros pero segundo indican dende o local, os danos poderían superar os 10 mil.

Os amigos do alleo volveron a actuar a pasada noite do luns nun local hostaleiro de Vilanova de Arousa. A tapería Pé de Cuba, situada no porto vilanovés, foi a vítima dos ladróns. Os delincuentes aproveitaron que o local estaba baleiro e forzaron unha fiestra e unha porta para entrar ao seu interior.

A cantidade do roubado estímase preto dos dous mil euros. Pero dende o local sinalan que o dano causado é moito maior.

A alarma do local e fumo propiciou que os ladróns escapasen do local. A súa identificación é complicada debido a que ían tapados cos cascos da moto, pero a policía local xunto coa garda civil traballan en conxunto para localizalos.

O propietario sinala que non ten constancia de que ningún outro local sufrise un roubo nos últimos meses polo que non ten medo de que volva ocorrer. O establecemento agora manterase pechado ata o xoves mentres se arranxan os danos sufridos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí