Esta mañá asinábase no Concello de Boiro o convenio de colaboración entre a Asociación Boiresa de Empresarios e o executivo local para a segunda fase do centro comercial aberto da localidade. O Centro Comercial Aberto de Boiro comezará a súa andadura a finais do mes de outubro grazas á firma dun convenio de colaboración subscrito entre a ABE e o concello para acometer a segunda fase deste proxecto. O goberno municipal aportará un total de 30.000 euros, máis do dobre destinados para a primeira fase, con cargo ó orzamento da concellería de Economía. Entre as actuacións contempladas nesta fase de implantación figuran a sinalización da área do centro comprendida entre a avenida da Constitución, a calle Principal e a conformada por Pablo Iglesias, Santos Mieites e Estatuto de Galicia así como a identificación dos comercios adheridos ó centro. Tamén está prevista a implantación de dous puntos de información multimedia, un na zona do mercado municipal e outro ó lado do centro social, e o desenvolvemento de campñaas publicitarias para dar a coñecer as vantaxes competitivas que supón o centro comercial aberto. Polo momento, o novo centro que recibirá o nome de “Boiro Aberto” xa conta con logotipo identificactivo da imaxe corporativa que será presentado ó longo da vindeira semana, co que se está a traballar na elaboración dos paneis identificativos. O número de socios que se integrarán neste proxecto está aínda por determinar aínda que os estudos apuntan ó setenta por centos dos 160 asociados vencellados ó turismo, hostalería e comercio. Dende o concello, considérase moi positiva a posta en marcha desta iniciativa que contribuirá a potenciar o pequeno e mediano comercio. Segundo o alcalde, Xosé Deira, a defensa deste sector é fundamental para o municipio posto que se atopa nunha situación estratéxica dentro da comarca.
Inicio Barbanza - Muros - Noia