A vida dende unha cadeira con rodas

    O das barreiras arquitectónicas é un problema do que lles falamos xa en reiteradas ocasións. Estivemos con Marisa Rañó, unha minusválida de Vilagarcía que nos contou os problemas cos que se enfronta a diario para poder facer a súa vida.

    Marisa é unha vilagarciá de 48 anos que ten unha minusvalía que a obriga a desprazarse nun vehículo especial. E os inconvenientes cos que se atopa a diario non son poucos. Beirarrúas sen adaptar, ramplas con pendentes moi empinadas ou unhas simples escaleiras fan que non poida pasear comodamente pola cidade ou acceder ós comercios.

     

    Marisa quéixase das autoridades e entidades tanto públicas coma privadas por non adaptaren os establecementos nin as zonas de paseo. Tamén se amosou molesta polo difícil acceso a algúns espazos públicos coma a casa da cultura do municipio. Marisa só pide que se lle faciliten as cousas ós que, coma ela, teñen que vivir a vida sobre rodas.