Amigos de Galicia abre unha sede en Vilagarcía

    conveniouptaamigosgalicia_100_220207.jpgVILAGARCÍA > A Fundación Amigos de Galicia conta xa cunha sede social en Vilagarcía. A través dun convenio con UPTA, …

    … esta cédelle unha das súas oficinas ademais de persoal especializado.

    Máis de 900 persoas reciben axuda na provincia de Pontevedra a través da Fundación Amigos de Galicia. Desde hoxe as familias máis desfavorecidas contan ademais cunha oficina en Vilagarcía á que dirixir as súas demandas e desde a que se lles fará seguimento dos seus casos. A fundación asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Unión de Profesionais e Traballadores Autonómos de Vilagarcía, que lles cederá unha oficina e persoal.

    Ata o de agora, a Fundación Amigos de Galicia só contaba en Vilagarcía cunha nave en Fontecarmoa que lles servía de almacén para a axuda humanitaria que distribúe pola comarca. Segundo apunta a organización mensualmente distribúe en Galicia preto de 30 mil quilos de alimentos, ós que hai que engadir 20 mil quilos de patacas que acaban de adquirir, xunto con roupa, productos de hixiene e electrodomésticos, colchóns e outros enseres necesarios para a vida diaria. Ademais de anciáns e nenos, o colectivo de inmigrantes é na provincia de Pontevedra, o que máis axuda precisa de Amigos de Galicia.

    Redacción Salnés