Máis de 200 persoas respaldan á hostalería na manifestación de Vilagarcía

VILAGARCIA> En Vilagarcía o sector hostaleiro tamén se votou as rúas. A manifestación tivo un gran respaldo coa presencia de preto de 300 persoas. Os hostaleiros reclaman a necesidade dun plan de rescate que garanta seguridade e axudas para o sector.

Respaldo masivo á manifestación convocada polos hostaleiros de Vilagarcía. Preto de 300 persoas votáronse ás rúas para mostrar o seu apoio ao sector. Os hostaleiros reclaman a necesidade dun plan de rescate urxente e axeitado.

Dende o sector sinalan que a apertura só das terrazas é insuficiente para que os seus establecementos poidan manterse. Pero o que máis afecta ao sector é o temor a que nunha semana volvan a pechalos.

A manifestación partiu dende a Praza de Ravella ata a de Galicia. Alí tivo lugar a lectura do manifesto. Un escrito no que reclaman que se deixe de criminalizar e que se repartan as axudas con urxencia para evitar que máis negocios baixen as reixas para sempre.

Ademais tamén pediron as catro administracións, Goberno, Xunta, deputacións e concellos,  que traballen en común e que axuden ao sector. Entre as súas peticións destacan a eliminación ou compensación de impostos e taxas de autónomos e axudas directas para compensar as perdas. Pero a súa principal reclamación é que se invista no sector o 7% das axudas dos fondos europeos, a súa proporción dentro do PIB.

A hostalería non estivo soa nesta mobilización. Algúns comercios pecharon as súas portas durante un tempo como mostra de apoio.

As mobilizacións leváronse a cabo en toda a comunidade galega mostrando a unidade do sector hostaleiro. A seguinte manifestación terá lugar o día 13 de marzo en Santiago de Compostela.