Día internacional do café: os arousáns prefíreno con leite

VILAGARCÍA> Forma parte da vida de moitos de nós: o café. Hai quen o pon de excusa para quedar con alguén nunha cafetería e hai quen o precisa, simplemente, para poder arrancar cada mañá. Hoxe, esta peculiar bebida celebra o seu Día Internacional, reivíndicándose como un alimento saudable sempre e cando, iso si, sexa de calidade. Nós hoxe saímos de bares por Vilagarcía a ver canto café consome a xente…

Boten a conta a ver cantos cafés beberon hoxe. Seguramente a maioría de vostedes tomou un, dous, tres ou incluso máis.  Só, con leite ou cortado, con ou sen azucre e, con algo de sorte, acompañado de algo para mollar. Ó redor dunhas cuncas de café xiran moitas conversas nas cafeterías, así hoxe nós tamén fomos de bares por Vilagarcía para coñece-los hábitos cafeteiros da xente.

De media, cada galego toma uns 820 cafés ó ano, a terceira comunidade de España máis consumidora.

O café con leite é rei de reis. Con todo, seica ós verdadeiros amantes do café gústalles só. Hoxe o café celebra o seu Día Internacional, reivindicándose como un produto saudable. Pero, ollo, todo depende do seu procesado.

Entre as vantaxes do café: diminúe as posiblidades de sufrir enfermidades neurodexenerativas, reduce o risco de padecer diabete, aporta nutrintes esenciais, mellora o noso rendemento físico ou, simplemente, axúdanos a manternos alerta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí