Remata o prazo de presentación de ofertas ós bens dos Charlíns

    AXENCIA_TRIBUTARIA_CORUNAcopy.jpgVILANOVA> O concello confesou, sen desvelar a cifra pola que poxaron por Vista Real, que se non hai outras ofertas a súa será aceptada.

    {flowplayer}images/salnes/FIN_POXA_PAZO_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}

    O prazo de presentación de ofertas para a maioría dos bens dos Charlíns que non foron subhastados na poxa celebrada fai un mes na Axencia Tributaria remata hoxe.

    Entre estes bens atópase o Pazo de Vista Real despois de que a subhasta, por dous millóns de euros, quedara deserta. Desde un comezo o concello de Vilanova manifestou o seu interese por adquirilo inmoble. Ó non poxar na primeira licitación acordou presentarse á adxudicación directa. O pasado venres presentaron a súa oferta pero sen desvelar a cantidade xa daquela adiantaban que era unha oferta xusta. Hoxe o propio alcalde reiterou as a súas palabras dicindo que se trata dunha cantidade sensata que se corresponde cos intereses do concello e das extraballadoras de Charpo.

    O vindeiro día quince é a data na que se procederá a apertura dos sobres coas ofertas. Gonzalo Durán confesou que no caso de que sexa adxudicado a un particular comezarán os trámites para a expropiación dos terreos.

    É a Audiencia Nacional a que ten que considerar se é suficiente a suma dada polo máximo licitador. Durán confesou, sen desvelar a cifra pola que poxaron, que se non hai outras ofertas a súa sería aceptada.

    Ademais do Pazo tamén se pretende adxudicar dous baixos, seis bateas, seis pisos e vinte e catro prazas de garaxe, todo por un valor de cinco millóns de euros.

    Redacción Salnés