![]()
O SALNÉS> As traballadoras de Alfageme volvéronse concentrar, esta mañá, para reivindicar que os cartos que está ingresando o grupo se destinen o pago de salarios. Esixen que comecen canto antes as medidas cautelares.
{flowplayer}images/salnes/ALFAGEME.flv{/flowplayer}
As empregadas de Vilaxoán, concentráronse as 11 ás portas da fábrica para que se aceleren os trámites para a posta en marcha do concurso de acredores. Dende o sindicato Comisións Obreiras, afirman que é inadmisible que se estea a retrasar tanto o nomeamento dun novo administrador. Así, esta mañá, Fernando Ramos, asistía ó Xulgado Mercantil de Vigo para esixir que se aceleren as medidas cautelares.
Do mesmo xeitos, as traballadoras piden que os cartos que están entrando no grupo, procedentes de pago de clientes e devolucións do IVA, sexan postos a disposición xudicial, para que a familia Lago non poda dispoñer deles.
O persoal está desesperado e afirman que a Xunta non está a poñer todo o seu esforzo para buscar unha solución.
As 11 e media, as traballadoras da fábrica de Ribadumia, iniciaron unha marcha que rematou ás portas do concello de Cambados. Alí, solicitaron a Luis Aragunde o seu apoio no diálogo coa Xunta. O delegado territorial mostrou a súa disposición ós empregados de alfageme.
Mañá, o persoal de Ribadumia atoparase con Salomé Peña. As traballadoras de Vilaxoán, acudirán á concentración en sinal de apoio.
Redacción Salnés








