VILANOVA> Avanzan a bo ritmo os traballos para rehabilitar os muíños de Currás, en Vilanova de Arousa. A intervención correu a cargo dos alumnos do obradoiro de emprego da Mancomunidade do Salnés, que conseguiron a recuperación destas tres instalacións que levaban máis de 100 anos derruídas. A rehabilitación dos Muíños de Currás, en Vilanova de Arousa, está prácticamente rematada. O alcalde e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitaron esta mañá a zona, na que aínda traballan os alumnos do Obradoiro de Emprego da Mancomunidade do Salnés encargados das tarefas. Con esta intervención, o concello recupera estas tres construcións que foran destrozadas hai máis de 100 anos por un temporal. Finalizada a recuperación das estruturas, unicamente queda pendente a instalación do mecanismo nun dos muíños. Fase da que xa se encargará o concello vilanovés. No marco deste obradoiro tamén se rehabilitaron tres muíños en Sanxenxo e un en Meaño. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/07/visita_muinos_curras_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/07/visita_muinos_curras.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas