A Federación de Prazas de Abastos de Galicia xa dispón de páxina web

SANXENXO> A federación de prazas de abastos de Galicia xa dispón de venda online. Oito prazas uníronse para lanzar esta nova páxina web. Entre estes mercados encóntranse os de Vilanova, Sanxenxo, O Grove e Bueu.

Os mercados galegos unifícanse de forma online para chegar a toda España. A nova web bota a andar con catorce praceiros e praceiras de oito sedes: Vilanova, Sanxenxo, O Grove, Padrón, Lalín, Bueu, A Coruña e Baiona. Dende a Fepragal espérase que se vaian unindo máis vendedores. Con este salto a rede, búscase dar máis visibilidade ós produtos e dar unha ferramenta nova ós clientes.

Esta iniciativa enmárcase na aposta da Xunta por impulsar a calidade e a competitividade das prazas de abastos galegas. A directora xeral de Comercio e Consumo mostrouse moi emocionada. Considera que este é un gran salto para os mercados galegos e destacou que sexa un proxecto de unión, de toda Galicia e que pensa no cliente. Espera que con esta novidade o público máis mozo volva a mirar as prazas.

Na web ofrécense todo tipo de produtos que podemos encontrar nos mercados galegos. O tempo en que tardan en chegar os pedidos é inferior a 24 horas.

5 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí