O Goberno central inviste 700.000 euros na posta a punto do Parador de Cambados

CAMBADOS> O goberno central vai investir 700.000 euros na posta a punto do Parador de Cambados. A actuación contempla a renovación de 200 ventás e a renovación do mobiliario da cafetería. Ademais, acondicionarase o aparcadoiro, instalando tamén catro puntos de recarga para coches eléctricos.

Xa están en marcha no Parador de Cambados as obras de posta a punto destas instalacións. A actuación céntrase no cambio de 200 ventás e a renovación do mobiliario da cafetería.

Ademais, acondicionarase o aparcadoiro, instalando tamén catro puntos de recarga para coches eléctricos. Un paquete de melloras que, no seu conxunto, suporá un investimento de 700.000 euros, financiado a través do Ministerio de Industria e Turismo.

No que vai de ano, no Parador cambadés aloxáronse máis de 10.000 hóspedes. A súa ocupación rolda o 72%, case catro puntos máis que o ano anterior.