Reformas no mercado de Vilagarcía

    A nova praza de Abastos de Vilagarcía reubicará os postos de venta de productos frescos únicamente no edificio orixinal do mercado actual. Neste mesmo inmoble habilitarase unha nova planta e construirase un parking soterrado. É a proposta presentada por Mercasa ó concello, na reunión celebrada onte en Madrid, entre o alcalde e portavoz municipal e os responsables e técnicos da empresa.

    Éste é o deseño plantexado por Mercasa para a remodelación da Praza de Abastos de Vilagarcía. Os responsables e técnicos da empresa presentaron onte en Madrid ó alcalde e ó portavoz municipal os primeiros bocetos da obra e os estudios realizados entre clientes e comerciantes.

    Segundo explicou Gago, o novo mercado reordenarase únicamente no edificio orixinal Mercasa manterá e mellorará a parte exterior da fachada principal e buscará unha solución para a fachada que dá á rúa García Caamaño para os vendedores de productos de colleita propia.

    Desaparecerá o engadido no que actualmente se vende conxelados e mariscos, para reordenar o mercadiño. Un dos principais atractivos do novo mercado será a construcción dun parking soterrado. Os técnicos de Mercasa veno viable.

    En novembro os técnicos de Mercasa volverán a Vilagarcía para concretar con concello e comerciantes novas propostas. Queda pendente qué servizos se ubicarán na primeira planta que se pretende habilitar no mercado. O que non se coñece aínda é o presuposto. De momento, o concello dispón dunha partida de millón e medio de euros reservada polo Goberno Central.