A Asociación de Veciños de Vilaxoán denuncia o perigoso estado no que se atopa un vello alxibe ‘falanxista’

VILAGARCÍA> A asociación de veciños de Vilaxoán denuncia o risco de derrube do vello alxibe da zona do Freixo. Advirten que o depósito se atopa en moi mal estado poñendo en perigo a os veciños e os peóns. Piden a augas de Galicia e ao concello que tomen medidas para evitar males maiores.

Este vello alxibe de Vilaxoán foi construído en 1942 pola falanxe. A súa localización era clave para poder dispensar auga ás vivendas da zona. Pero o depósito quedou en desuso cando se instalou a rede municipal de augas. Dende entón o alxibe foise deteriorando co tempo converténdose nun risco para peóns e veciños.

Dende a asociación de veciños denuncia o perigo que supón o mal estado no que se atopa o alxibe e piden ao concello que tome medidas.

Segundo a asociación de veciños, o concello sinala que non pode retiralo porque o alxibe están nunha propiedade privada. Sen embargo, o propietario reclama que o depósito foi construído pola administración para dar servizo a todos os veciños.

Dende a asociación móstranse a favor do propietario e piden as administracións que actúen.

Tamén piden a colaboración da empresa que xestiona o subministro de auga.

Dende a asociación de veciños xa mandaron un escrito a concello para que tome medidas. Polo de agora agardarán a resposta da administración municipal. No caso de que no se tomen solucións, non descartan comezar a mobilizarse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí