A Coral “Bella Helenes” de Pontevedra organizará mañá a partir das oito e media da tarde unha Mostra de canto coral, na que aprticiparán grupos de diferentes concellos. O acto celebrarase no teatro Principal de Pontevedra e a entrada será gratuita. Esta é a primeira mostra organizada pola coral “Bella Helenes”. Participará a coral estradense, a coral de Poio, a de Abrente da Pobra de Caramiñal e a Coral Alento xóven de Carril. Estas agrupacións contan cun amplo curriculum, estando consideradas na actualidade entre as máis destacadas da nosa comunidade autónoma polo seu alto nivel interpretativo. Ademáis a mostra contará coa coral anfitriona a Bella Helenes de Pontevedra.
Inicio Barbanza - Muros - Noia