Comezan as obras de reforma da Praza de Rafael Pazos

    As obras de reforma da Praza Rafael Pazos, en Vilaxoán, serán acometidas pola empresa Seixo. Os traballos teñen un custe de 180 mil euros e un prazo de execución de dous meses e medio.

    A Xunta de Goberno Local de Vilagarcía adxudicou á empresa Seixo as obras de reforma da Praza Rafael Pazos, en Vilaxoán. O proxecto den un custe de 180 mil euros e prevese un prazo de eexecución de dous meses e medio. A empresa eliminará o actual firme, que será sustituido por un pavimento no que se combinará a pedra, no adoquín e no perímetro exterior da praza, e o adoquín, na zona de circulación de vehículos.

    Paralelamente acometerase a limpeza e acondicionamento da rede de saneamento, a renovación parcial da rede de abastecemento de auga, e a instalación de novas pezas de alumeado público. A Xunta de Goberno Local tamén adxudicou a mellora de servizos na rúa sobradelo, valorada en 60 mil euros. Os traballos serán acometidos por CCS, cun prazo de dous meses.

    Redacción Salnés