O presidente de Portos supervisa a mellora dos pantaláns do Freixo

    OUTES> O presidente de Portos de Galicia visitou o porto do Freixo para supervisar os traballos de reparación dos pantaláns que vén de acometer o seu departamento. Ademais da substitución de táboas de madeira procedeuse a instalación de catro fingers. Acompañado da alcaldesa de Outes, Beatriz Molinos, e do deputado provincial, Carlos Crespo, o presidente de Portos tivo ocasión de coñecer o resultado dos traballos de mellora dos pantaláns realizados no peirao do Freixo. Esta actuación vense sumar á instalación de novos módulos para o amarre de embarcacións de terceira lista acometidos hai uns meses. En total, ámbalas intervencións ascende ós sesenta mil euros de investimento.