O campo de fútbol da Lomba estará listo un mes antes do previsto

O Presidente da Deputación Rafael Louzán, visitou esta tarde o campo da Lomba de Vilagarcía para comprobá-lo estado das obras de remodelación das instalacións do clube Arosa. O céspede de herba natural xa está rematado, agora están desenvolvendo as obras de vestiario. Esperase que a partir de xaneiro o equipo poda adestrar e xogar no novo campo. O novo campo da Lomba estará listo un mes antes do previsto. Así o confirmou o presidente da Deputación Rafael Louzán, que esta tarde visitaba as obras que se están a desenvolver para que o equipo de fútbol, Arosa consiga os mellores resultados. O novo céspede de herba natural mide 104 metros por sesenta e catro. As obras dos vestiarios estarán rematadas a finais do mes de xaneiro e se colocarán aseos para o público. Un conxunto de melloras que facilitará o xogo o equipo e a asistencia os aficionados. Rafael Louzán, lembrou os demáis clubes de Vilagarcía que a institución provincial xunto co Concello continuará axudando as instalacións deportivas do Concello durante tódolo ano.